Programa de Nadal 2008/2009

Programa de Nadal 2008/2009 Concello do Rosal

-7 DE DECEMBRO 2008 - HORA: 19:00 h. - LUGAR: Auditorio Municipal
CONCERTO NA HONRA DE STA. CECILIA
Agrupación Musical do Rosal


-14 DE DECEMBRO 2008 - HORA: 19:00 h. - LUGAR: Auditorio Municipal
A Asociación de Amigos de Camposancos e o
Grupo de Teatro “Fincando o lombo” presentan a obra
VAIA ENAMORAMENTO” (adultos)
De seguido o Show de “Os Campelos
(Roberto Fdez. Rguez e Francisco Rguez. Fdez.) presentando a obra
ENTRE A FICCIÓN E A REALIDADE” ( adultos)

-21 DE DECEMBRO 2008 - HORA: 18:00 h. - LUGAR: Auditorio Municipal
CONCERTO DE NADAL
Agrupación Musical do Rosal

-28 DE DECEMBRO 2008 - HORA: 17:30 h. - LUGAR: Auditorio Municipal
A compañía ALBIÓNS TEATRO presenta
O CIRCO CON AUGUSTO E BIANCO” (Todos os públicos)

-4 DE XANEIRO 2009 - HORA: 19:00 h. - LUGAR: Auditorio Municipal
O Centro Teatral Faro-Miño presenta a obra
PROTECCIÓN SOLAR” (Todos os públicos)

-5 XANEIRO 2009
A partir das 10:00 h. a CABALGATA DE REIS percorrerá as parroquias da vila.
HORA: 17:00 h. - LUGAR: Praza do Calvario
Recibiremos os Reis Magos coa animación de ROI o CAGA-BOLAS
e para rematar CHOCOLATADA (En caso de choiva no Pavillón de deportes)

-Os días 22, 23, 26, 27, 29 e 30 DE DECEMBRO e os días 2 e 3 DE XANEIRO
CINE DE ANIMACIÓN
HORA: 17:00 h. - LUGAR: Sala de Exposicións do Concello

Organizan:
Agrupación Musical do Rosal - Concellaría de Cultura - Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota

Relato curto gañador

ENCONTRO CASUAL

Saúl, era a primeira vez que pisaba terra galega. Falaba galego moi fluído cun algo de acento portugués. Chegou a Vigo como tripulante dun barco pesqueiro con tripulación, a máis dela galega. Cos compañeiros de traballo aprendeu a nosa lingua, e tamén estaba moi decatado da nosa forma de vida pois nos barcos falase moito de costumes e formas de vida típicas da rexión a que pertence a tripulación, como neste caso maioritariamente eran Galegos e obvio que se falara de Galicia.
Como o barco non volvía a saír para o mar ata dentro de quince ou vinte días decidiu facer unha pequena excursión. Chegou a estación de autobuses. Estaba un para saír que ia para A Guarda. Preguntou a cantos quilómetros estaba e decidiu facer a viaxe.
Levaba dous días na Guarda, sen coñecer a ninguén, camiñaba sen rumbo afastándose do centro urbano sen preocuparse por saber a onde ía, estaba feito a camiñar horas e horas, pois na súa terra, de rapaz e agora cando se desembarcaba pasaba moito tempo camiñando, claro que alí sabía sempre a onde ia, pero aquí era diferente camiñaba sen saber a onde.
O tempo era bo e a temperatura moi agradable para camiñar, xa case anoitecía. Parouse fronte a un letreiro indicador que se lle fixo difícil leelo, de feito antes de pronuncialo tivo que repetilo unhas cantas veces ata que conseguiu dicir “Pancenteo”.
Descoñecía o significado de Pancenteo pero sabía que estaba entrando nun barrio ou nun pobo, pois a escasos metros lía outro que dicía “Concello de A Guarda”.
Sen querer camiñar máis, arrimouse a cuneta, sentouse e deixou que o seu corpo se relaxase ata quedarse un pouco adurmiñado. Non sabe canto tempo estivo coa cabeza metida entre a súas pernas, tal vez durmindo ou quizais estivese cun ollo aberto e outro pechado atento a calquera movemento que puidese xurdir o seu derredor. O caso é que non se decatou de que alguén se arrimaba a el.
Rita, era unha muller relativamente moza, naceu na Coruña e desde fai un par de anos vive no concello do Rosal. Muller moi sociable que fala con todos os veciños, pero cando lle preguntan algo da súa vida evita sempre contestar e con moita astucia encamiña a conversación a outro tema. Algunhas veciñas, das que sempre se preocupan da vida dos demais, cando falan dela, que é case a diario, chámanlle a “ Coruñesa” en non se privan en dicir: “parece moi boa rapaza, pero algo esconde”.
Rita, case a noitiña saíu a levar unha bolsa de lixo a o colector; Era unha tarefa que facía a diario e sempre o anoitecer. Apeteceulle camiñar aproveitando que a noite era agradable. Quería camiñar, quería poñer o seu sentido en orden, quería encontrar a paz e non sabía nin como, nin onde.
Quería espallarse, quería esquecer moitas cousas desagradables que recordaba de fai un par de anos, e outras que preocupábanlle moito máis por ser moi recentes, tan recentes como que aínda tiña nos seus oídos o retumbar daquela chamada que consideraba como un novo comezo dun pesadelo moi amargo.
Camiñou, decidida con paso firme, non sabe canto tempo, quizais unha hora ou máis, ia pola beiriña da estrada e preguntábase o porqué non habería en todas as estradas un beiravía. De vez en cando pasaba un coche que a obrigaba a poñer a man diante dos ollos para que a luz non a cegase.
Foi co resplandor da luz dun coche cando se decatou que un pouco máis adiante, a poucos metros, había algo que lle fixo poñer o corazón acelerado e sentiu medo.
Considerábase valente, estaba afeita a cruzarse con cans de día e de noite, pero desta vez a situación era distinta, non se trataba dun can, pareceulle unha persoa.
Parouse de súpeto e pediulle ao Señor que outro coche pasase canto antes, e máis amodo, para ter bastante claridade e poder decatarse do que tiña diante dela.
Quixo dar volta e botar a correr, pero pensou que tal vez fose peor. Se era alguén que quixera facerlle dano, non ia a esperar sentado, nin feito un fardo, que era o que parecía. Tampouco sabia se era un home ou unha muller ou tal vez ningunha das dúas cousas. O instinto dicíalle que era un ser humano. ¿E se era alguén que estaba en perigo? Aquela postura nun aclaraba nada...? Unha chea de preguntas fíxose nun intre e ningunha delas lle fixo recuar, así que, lentamente, pasiño a pasiño seguiu camiñando dereita a o descoñecido.
Cando estibo a un metro xa nun tubo dubida de que se trataba dunha persoa que estaba coa cabeza entre as pernas. Non podía dicir se era home ou muller así que cando estibo a o alcanza do seu pé, deulle unas patadiñas suaves no traseiro a vez que lle dicía: -¿escóitame?, ¿atópase ben?, ¿pode oírme?
Quixo poñerlle unha man no ombreiro pero sentía medo estaba atafegada e non sabía que facer.
De súpeto, a o lonxe, mirou vir un coche, deu gracias a Deus, e saíu a estrada movendo as mans facendo indicacións de que parase.Nun tivo sorte, o coche seguiu o seu camiño.
Maldiciu contra o condutor e deu media volta para arrimarse, de novo, a persoa que estaba sentada. Deu uns pasos, aínda cegada pola luz do coche que acababa de pasar, cando de súpeto, encontrouse cun unha persoa de pé diante dela. ¡Nun quería mirarse no sitio!. Pero aquela persoa, que pola voz era un home, faláballe docemente dicíndolle que non se asustara que el no ía facerlle dano.
Rita estaba tan asustada que non era capaz de falar. A falta de luz, facíalle mirar a un home todo escuro como si tivera a cara tapada, pois ela só miraba o branco dos ollos.
Estaba pasando un medo terrible e pensou no peor: “sería violada, maltratada e logo aparecería morta a veira da cuneta”.
Os seus ollos ían acomodándose a escuridade e cada vez miraba máis nítido o que tiña diante dela. Volvía a mirar só o branco dos ollos e de vez en cando miraba tamén algo branco un pouco mais abaixo que deduciu serían os dentes mentres falaba. O que lle dicía aquel home non era nada violento, mais ben o contrario pois estáballe pedindo calma e tranquilidade. Rita, intentaba perder o medo e forzábase por tranquilizarse, pero o mesmo tempo preguntábase: -¿E porque ten a cara tapada?, ¡Un home na noite con a cara tapada non é de fiar!.
O tempo para Rita pasaba moi lento, tan lento que parecíalle estar conxelado. ¿Porque tiña que ser sempre ela quen se encontrase en situacións tan difíciles?. Era unha muller crente e pedíalle a Deus que lle dera forzas para saír daquela situación, pero tamén lle pedía explicacións de porqué sempre ela é a vítima.
Por suposto, non obtiña resposta algunha, así que tiña que ser ela mesma quen, con máis ou menos coraxe, saíse da situación na que estaba. Outras veces había estado en situacións moi amargas e sempre saíu do paso, agora tiña qué, o menos, intentar saír tamén.
Rita respirou profundamente e sempre coas súas dubidas, tubo a fortaleza de preguntarlle a aquel home:
-¿E vostede quen é?,-¿que quere de min?,-¿porque ten a cara tapada?.
Saúl, ensinou os dentes cun sorriso agradable ao mesmo tempo que lle dicía:
-¿Porque di que teño a cara tapada, é que aínda non se decatou que son negro?
Rita quedou petrificada.-¡O que me faltaba na noite esta!.-¿Pero, porqué, meu Deus, me déixaste saír da casa esta noite? Acumulábanselle as preguntas na súa mente, e, seguía sen capacidade de reaccionar.
Saúl, intentaba explicarlle mantendo unha distancia física cun aquela muller para que non se violentara. Imaxinaba o mal que o estaba pasando.Entendía perfectamente o asustada que estaba, pero non sabía facer outra cousa que falarlle e deixar pasar o tempo ata que ela puidese confiar nel.
Rita, ia tranquilizándose, escoitaba a Saúl que volvía a dicirlle que tivese calma, que se el estaba alí era por casualidade, que ia camiñando sen rumbo, que se sentou un pouco e quedouse durmido, que se ela quería, podía continuar o seu camiño que el non ía a facerlle dano algún.
-¿Entón podo irme?-preguntou Rita-
-¡Claro que pode irse! ¡Sinto moito darlle ese susto, pero xa sabe, estaba aquí por casualidade, e cada un é como é, nacín negro e sereino ata que morra!.
-¡Ben, non se preocupe, ten vostede razón cada un é como é! ¡pero mire, eu voume!.
-¡Si señora cando queira!.¿Podo facerlle unha pregunta?
-¡Si,claro!.
-¿Que fai vostede soa a estas horas da noite pola rúa?
-Non sei que dicirlle, señor, saín da casa, quixen camiñar necesitaba camiñar para encontrar a paz e mire...
-¡E se está errada, e aínda, de volta a casa encontra esa paz que busca!
-¡Oxalá fose así, pero penso que non teño o meu día e xa encontrei bastante!.¡Por hoxe creo que xa está ben!.
Saúl, trataba de darlle conversa e así tranquilizala máis, pero non sabía por onde seguir conversando, sentía medo que o conseguido ata agora se fose a piques, por unha mala interpretación. Tiña todo en contra, había asustado a esa muller, e, por si fose pouco, era negro.Pensou en rematar a charla e cada un tirase pa o seu lado. Así que dixo a modo de despedida:
-¡Ben muller!, ¡Chámome Saúl, nacín en Cabo Verde, traballo nun barco pesqueiro que está en Vigo, e agora mesmo, non sei onde estou!. ¡Traballo me custou ler o letreiro ese de Pan-cen...! ¿Agora xa non sei como di?.
-¡Pancenteo!, dixo Rita. De aquí cara alá, sinalou co dedo, é A Guarda, e para acá é O Rosal.
-¡Ben, pois entón Adeus!-dixo Saúl-. E votou a andar. Deu tres pasos, parouse e volveuse cara a Rita para dicirlle:
-¡Ah!,¿pode dicirme como se chama, quixera recordar o seu nome cando estea na soidade do mar?
-Chámome Rita, e de seguro que eu tamén vou a recordar o seu nome na soidade da terra, que tamén existe.
-¡Sinto no estar nun sitio con máis luz para poder mirarlle a cara e recordala tamén!.-dixo Saúl-.
-¡Eu tamén sinto o mesmo!,¿pero non vamos a estar aquí ata que veña o día?.
-Non creo que faia falta esperar o día, se pasase un coche ou se camiñamos un pouco. Aí máis adiante vese unha luz.
Camiñaban os dous, un o lado do outro mantendo unha separación considerable. A estrada era toda para os dous. Non pasaba ningún coche desde facía tempo. Ningún dos dous quería, ou non se atrevía, romper aquel silencio.
De pronto dixo Saúl: -¿porque me dixo antes que a soidade da terra tamén existe?, ¿e a caso que se sinte soa?
-Levo un tempo que estou soa, moi soa. Teño días que nin o can me fai compañía.
-Nun quero meterme na súa vida. Penso que o noso encontro foi como foi, pero ata chagar a luz podemos falar de algo. ¿e se me fala da súa soidade?
-¡Que lle vou a contar da miña vida!, fai apenas uns minutos non sabíamos nin que existiamos, ademais aínda non me encontro ven como para falar de min con ninguén.
-¡Como queira muller! Sei que o noso encontro non foi o que calquera poida desexar, pero ningún dos dous eliximos o momento.
-¡Si, claro! ¡miúdo susto levei, aínda teño o corazón a pulos!.
-Síntoo moito. ¡Non sei que podería facer para compensarlle o dano que lle poden facer!.
-¡Tranquilo! Non se sinta culpable. Ningún dos dous temos culpa algunha.
-Xa estamos chegando a luz, xa consigo mirarlle a faciana e créame que me parece unha muller moi bonita, ademais de moza, claro.
-Moitas gracias, cando esteamos máis cerca da luz, a lo mellor, cambia de opinión.
-Non o creo, e se cambio será para mellorala, non teño dúbida.
-Gracias outra vez. ¡Vostede tampouco esta mal, e mozo, moi forte e paréceme guapo! Ignoro totalmente os baremos da beleza da xente da súa raza, pero si que paréceme interesante.
-Créame que eu tamén agradezo as súas palabras. Non recordo que ningunha muller me falase así, a excepción da miña nai, pero diso xa fai moito tempo, cando morreu só tiña nove anos.
-¡Vaia, síntoo moito!.Pero ¿na súa terra ningunha moza se decatou de vostede?.
-Cando finou miña nai, quedei o cargo do meu irmán maior. Meu pai saíu un día para Mozambique e non soubemos máis del.Quedamos a miña nai e sete irmáns. Eu era o terceiro, o que quere dicir, que detrás de min aínda había catro mais. Pronto tivemos, os mais maiores, que buscarnos a vida. Aquilo é moi distinto a isto. Alí un neno de dez anos xa ten que ter onde traballar. A escola é para algúns privilexiados, así que tiven que buscarme a vida como pudin para poder axudar a familia, cando era capaz, non e fácil encontrar traballos que te dean algo de diñeiro.
-Non tiven moita sorte,-Continúa Saúl- ata que un día no porto de Praia había un barco pesqueiro. A xente dese barco falaba moi parecido a nos, podiámonos entender falando e foi así como conseguín traballar nese barco que me deixaba alí en Praia, xunto con dous compañeiros máis, cando remataba a pesca, e volvían a recollernos cando comezaba outra campaña. Non é que gañase moito diñeiro, pero gracias a ese traballo os meus irmáns máis pequenos puideron ir un pouco a escola.
-Nesta última campaña de pesca o barco non arribou a Cabo Verde e viñemos todos para Vigo, e aquí estou falando con vostede sen saber o porqué.
Xa estaban parados debaixo da luz, xa se tiñan mirado un ao outro e aquela tensión inicial estaba neste intre moi amainada. Agora parece que só querían falar e falar como si se coñecesen de toda a vida e que despois dun tempo separados quixeran recuperar as historias das súas vidas desde onde as deixaran.
Rita era mais conservadora e quería escoitar máis que falar, por iso era ela a que, case sempre, facía as preguntas. Polo contrario Saúl contestaba a todo que ela lle preguntaba e facíao con moito detalle.
Despois de estar un pouco parados debaixo daquela luz, continuaron camiñando lentamente estrada adiante, meténdose de cheo, outra vez, na mais absoluta escuridade.
Rita era quén coñecía o camiño que conducía a súa casa mentres que el a o seu lado seguía os pasos dela sen saber cara a onde.
...Pasaban polo lado doutro letreiro indicador que poñía “Fornelos” palabra que Saúl intentou pronunciar de corrido e conseguiuno separando as sílabas -for-ne-los-.
Saúl, preguntoulle a Rita o significado de “Fornelos” ao que ela contesta non saber, pero que era un barrio do Rosal onde ela vivía.
Unha vez chegados a diante da casa de Rita, esta díxolle a Saúl.
-Xa estou na miña casa. Cando hai unhas horas saín para camiñar non podía imaxinar que chegaría tan tarde e acompañada por un descoñecido.
Saúl non sabía que dicir e limitouse a mirala fixamente.
Rita rompeu o silencio e preguntou
-¿Ten pensado volver para A Guarda a estas horas ou seguira camiñando sen rumbo?.¡Tampouco sei se en A Guarda, ten onde durmir ou ten que quedar na rúa!
-¡Onde durmir, non teño, e moito menos a estas horas, pero eu sempre me apaño!.
-¡Se quere entre comigo, toma algo quente, falamos un pouco máis e logo vaise?.
-¡Acepto encantado! pero penso que xa a molestei bastante, aínda que en ningún momento foi esa a miña intención. ¡Cando vostede queira, voume! ¿De acordo?.
Rita meteu a chave na fechadura deulle un par de voltas e empurrou a porta que se abriu para deixalos pasar. Un can pequeno saíu a recibir a súa dona sen ouvear nin unha soa vez. Rita, acariciou o can que lle chamou “delfín”. Logo de soltarse da ama, o can foi correndo a cheirar os pes de Saúl. Subiron unhas escaleiras de pedra e entraron na casa directamente a cociña.
Rita invitouno a sentarse nunha das cadeiras que había o carón dunha mesa. Esperou a que estivese sentado para preguntarlle se quería un café ou un prato de sopa de verduras que tiña preparada, só tiña que quentala.
Saúl dixo que prefería un prato de sopa, pero antes quería ir o retrete.
Desculpouse Rita por non haberlle dito antes onde estaba, guiouno ata o baño e volveu para a cociña a quentar a sopa e a preparar un café para ela.
Saúl volveu a cociña e antes de sentarse arrimouse a onde estaba a tarteira coa sopa e facendo unha gracia díxolle a Rita que ía comer a mellor sopa da súa vida e por si fora pouco na mellor compañía que imaxinase antes de saír de A Guarda.
Rita dedicoulle un sorriso e dispúxose a servirlle a sopa, puxo tamén a cafeteira enriba da mesa e con toda a calma verteu un pouco de café na súa taza e sen botarlle azucre deulle un primeiro sorbo. Desculpouse por non poder ofrecerlle un pouco de viño ou cervexa, dicindo que ela so bebía auga.
En silencio, cada un ía saboreando o contido do que estaba tomando. Os dous estaban a espera de que o outro falara e así pausadamente foise consumindo a sopa e o café. Saúl cada vez que levaba a culler a boca levantada a vista e encontrábase coa mirada de Rita que estaba saboreando aquel café a sorbos pequenos. Parecía un xogo ensaiado.
De pronto dixo Saúl:-¡estaba exquisita a sopa!. Xa estou preparado para camiñar de novo, pero espero que me deixe estar aquí un pouco falando tamén de vostede, pois en todo o camiño só falamos de min.
-Ben, a verdade e que non sei que dicir de min, a non ser que me pregunte algo en concreto.
-¿Podemos tratarnos de tu, no?-Preguntou Saúl-
-¡Claro que si, por favor!
-Moitas gracias.
-Saúl empezaba a sentirse máis cómodo e comezou dicíndolle a Marta:- Teño na memoria algo que me dixeches cando comezamos a camiñar, que foi: “Levo un tempo que estou, soa, moi soa. Teño días que nin o can me fai compañía”.-¿De onde ven esa soidade, e non me refiro a soidade familiar?,-¿Hai algún home na túa vida que te faga sentirte así? Antes de que me conteste quero dicirche que tes o mellor momento da túa vida para espallarte falando. Non ai mellor interlocutor que unha persoa estraña como son eu, neste caso, para falar sen temor algún, pensa que se ai quen te escoite será como unha liberación da túa pena. ¡Xa podes contarme!.
-Non sei nin por onde empezar. Fai uns anos coñecín un home, (non quero pronunciar nin o seu nome) nunhas circunstancias máis ben simpática. Foi nun viaxe que eu fixen a Barcelona en compañía dunha amiga. Estando na recepción dun hotel cando, debido a miña torpeza, tropecei con ese home, con toda boa sorte que caín sentada nun sofá que estaba xusto detrás de min. O home, sen ser culpable, foi tan atento que intimamos.-prefiro non contar detalles- O caso que pasamos uns días mos bos xuntos, logo volvín para A Coruña e o pouco tempo estaba viaxando de novo a Barcelona para quedarme a vivir con el.
Rita sérvese un pouco de café dálle un sorbo e comeza de novo a falar.
-A estancia en Barcelona vivindo co aquel home foi un pesadelo horrible, axiña me din conta de que había cometido o erro máis grande da miña vida. Estaba compartindo a miña vida cun home excesivamente machista, quedei anulada na primeira semana de convivencia. El tiña que elixir a película cando iamos o cine, na TV. Eu non podía tocar, a comida dicía el o que tiña que facer, non podía irme a cama sen que el chegase a casa, aínda que chegase de madrugada, certo que eu non traballaba fora, pero tiña que ser unha escrava del sen rechistar. Os fins de semana eran os peores días con el sempre na casa. En canto ao sexo con ese home, prefiro non comentar, ¡Horrible! ¡Horrible!¡Horrible!.
-Non me explico como aguantei con el trinta e oito días contados un a un. Menos mal que no día trinta e cinco, estando xa totalmente desesperada, pasoume “algo tan importante”, que levado con todo secreto axudoume moito a acelerar a decisión de irme da casa librándome daquel calvario que padecía con aquel home.
-Perdóame Saúl, pero ese “suceso tan importante”, non o comento nin comparto con ninguén, ata o momento.
-Tiña medios económicos -continúa Rita- para estar oito ou dez días en Barcelona. Necesitaba estar ese tempo para tramitar o que tiña entre mans, saír da cidade e irme a onde fose, lonxe daquel inferno. Estaba aloxada nun hotel de pouca categoría, saia a calle o menos posible. Barcelona, e moi grande e camiñaba sempre co medo de encontralo diante de min. Confiaba en que non sucedería pero a miña mala sorte e tal que dous días antes de poder saír de Barcelona, cando ía por unha calle sentín unha man que me aprisionaba o meu brazo e me fixo xirar en redondo para encontrarme coa súa faciana diante da miña en actitude ameazadora. Quixen gritar pero nun fun capaz, aquel rostro tan pegado a o meu anuloume a vontade e sentía medo. A xente pasa por ti sen que ninguén se decate do que te está sucedendo. Cada un anda o seu e ninguén presta atención aos demais. As cidades son así. Arrastroume cara a un soportal e alí intentou tranquilizarme, dicindo que quería soamente falar comigo, díxome que o irme da casa había sido un erro, pero que aínda estaba a tempo de corrixilo. En todo momento eu dicía coa cabeza que non, e cando pudin falar díxenlle moi claro que o noso terminara e que pola miña parte xa era historia. El non quería oír iso e cambiou a táctica da sedución e con boas palabras trataba de convencerme a que volvera xunto con el de novo.
-Pola miña cabeza pasou como un flash toda amarga historia vivida con el, así que puxen en practica tamén a mesma táctica que el. Sabía que me ía ser imposible convencelo falando, así que tratei de usar as miñas armas de muller.
Rita mira fixamente a Saúl, e continúa:
-Non sei de onde saquei as forzas para ser sedutora e mostreime melosa aínda que por dentro sentira verdadeiro asco, pero tiña que seguirlle o xogo. Tiña medo, moito medo.Alí mesmo abrazámonos e bicámonos con toda paixón, o menos iso era o que pensaba a xente que pasaba preto de nos, pois algúns asubiaban e animábannos a que continuásemos así. Mentres nos bicábanos moitas cousas pasaban pola miña cabeza, pero non era capaz de ter claro o que ía a facer. El deuse conta de que estaba tramando algo e cerquiña da miña orella díxome: “¡Non intentes facer nada porque non te vou a deixar rematar!”. ¡Notarás que teño unha cousa dura no peto interior da chaqueta, saibas que é unha pistola que podo utilizala en poucos segundos e deixarte morta aquí mesmo tirada no chan!.
Saúl, servíase un vaso de auga con todo coidado para non facer ruído, con toda atención escoitaba o relato de Rita.
O tempo ía pasando, alí estaban os dous, Rita e Saúl, como si se coñeceran de sempre. Rita levantouse da mesa e pediulle desculpas a Saúl, dicíndolle que ía a o baño. Camiñou cara ao baño e ía acomodando os seus pensamentos que acumulaban moitas preguntas que se facía ela para si, pero que podían ser compartidas con Saúl. -¿podería explicarlle a Saúl o que lle sucedeu fai apenas unha semana?, -¿Que pensará de min?, Ou tal vez me pode preguntar: -¿E porque non soubeches defenderte antes denunciando os malos tratos? –Moitas preguntas me poderían facer calquera e eu non sería capaz de contestalas ou non quería porque e certo fun unha COVARDE con maiúsculas. Nun fixen nada positivo para axudar a poñer a muller no sitio que lle corresponde.
Presumía de ser máis culta que as miñas veciñas, pero certamente non e así, dei vén o que cando algunha veciña me fai alusión a miña vida pasada, saio pola tanxente cando debía dicirlles a verdade, que fun moi covarde e agachei a cabeza cando un home me dicía que a agachara.
Sabía que hai mecanismos legais que te defenden a que aguantes a cabeza erguida e non fun capaz de dar un paso buscando axuda.
Si, tiña que dicirlle a esas mulleres do campo que consideramos, as de cidade, como inferiores, que hai que loitar con dentes e uñas para conseguir que os homes teñan en conta que non son os donos absolutos de nos. Agora dábase conta do sufrimento que pode padecer unha muller que teña que convivir cun home machista durante 20 ou 30 anos, como hai moitas. O fin e o cabo ela só aguantou 38 días e parecéronlle unha eternidade. Moitos pensamentos se atropelaba na mente de Rita mentres estaba no baño.
Regresou a cociña e foi directamente a quentar un café. Necesitábao, puxo a cafeteira na mesa e ofreceulle a Saúl un café que el rexeitou; Serviuse ela e despois do primeiro sorbo.
Saúl, toma a palabra e dí: -¡Se non te apetece continuar, e mellor que o deixes. Non quero baixo ningún concepto que os malos recordos te fagan dano!.
-Non Saúl, podo seguir, necesito seguir quero acabar a miña triste historia.¿onde ía?
-Saúl dixo que estaba dicindo: “que tiña unha pistola no peto e que a podía matar, se quería”.
-Si, recordo. Aquela situación ameazadora era para min un pesadelo horrible, non souben reaccionar nin conseguín enganalo e déixeme ir con el. Camiñabamos como unha parella normal, el levábame o seu brazo polo meu ombreiro e levoume directamente a parada de taxi que estaba a pouco máis de cen metros. Subimos ao taxi no asento de atrás, deulle a o taxista a dirección da súa vivenda e comezou a carreira por o centro de Barcelona. Calculo que estaríamos a dous ou tres quilómetros. O traxecto faciámolo en absoluto silencio, so se escoitaba a radio do coche que estaba dando un servizo informativo. De súpeto un coche saíu a toda velocidade dun cruce chocou con nos, mesmo na porta traseira do lado onde el ía sentado. O taxi xirou derrapando e foi a bater con outro coche que circulaba paralelo a nos. O taxista maldicía contra o condutor do outro coche, saíu, abriume a porta, preguntoume se estaba ferida, dixen que no e díxome que baixara, collín o meu bolso que tiña no asento e saín sen problema, eu non sentía nada. Mirei como o taxista metía medio corpo dentro do coche e oínlle preguntar a el se estaba ferido. Xa non escoitei a resposta, púxenme a andar con paso lixeiro cara a beirarrúa e mestureime coa xente que camiñaba. Tiña que afastarme do sitio o máis rápido posible cando de repente parou ao meu carón un bus. Estaba subindo a xente a o bus, só quedaban dúas persoas para entrar. Esperei e entrei aparentando naturalidade, senteime nun asento e mirei como aínda había xente disposta a baixar pola porta de saída. Desexaba con todas as miñas forzas de que o bus se puxera en marcha canto antes, por fin arrancou e xa me sentía libre, pero de repente o autobús minora a marcha e para de novo. Mirei pa diante e vin como tres coches que estaban diante de nos tamén estaban parados, xusto polo accidente do taxi no cal estaba eu facía uns minutos. O corazón saíame do sitio, non sabía se mirar ou agachar a cabeza e esperar. Recoñezo que tiña moito medo e optei por poñerme de costas a fiestras do bus e a cara case agochada como se estivera adurmiñada, (moita xente fai iso e considérano normal), levaba así non sei canto tempo, quizais dous ou tres minutos, pero para min foron horas. Escoitaba os comentarios da xente lamentándose do tempo que estaban a perder ata que oín a alguén que dicía que xa estaban regulando o tráfico dous policías, que pronto sairiamos do sitio. Cada vez tremía máis. Sentín como arrancaba o bus e agardei un pouco de tempo inmóbil creo que sen respirar ata que escoitei como aceleraba o motor e notaba como a velocidade de arranque me proxectaba contra o asento. Tampouco sabía a onde ía pero non me importaba, quería estar lonxe canto antes, baixarme despois de cinco paradas, e coller un taxi que me levara ao hotel. Media hora despois estaba pechada con chave na habitación do hotel, prometéndome nun abrirlle a porta a ninguén.
Rita toma un novo sorbo de café e continua falando:
-Non podía saír de Barcelona ata o día seguinte a tarde. Pola mañá tiña que estar nunha entidade bancaria para facer unha operación. Estaba citada para as dez e media. Desa operación dependía que tivese diñeiro para viaxar. Pensaba se el localizaría onde me aloxaba, por iso a miña presa por saír de Barcelona canto antes e nun medio de transporte como o autobús.
-O resto da estancia no hotel foi moi longo, apenas pechei ollo durante a noite. Levanteime moi pronto, entreguei a chave da habitación, paguei a estancia e fun andando hasta o banco que estaba a apenas 200 metros.
Fixen o que tiña que facer e cun pouco de diñeiro no peto tratei de saír de Barcelona canto antes. So tiña como equipaxe un bolso con roupa e o bolso carteira. Viaxei en autobús ata Lleida e alí estiven dous días.Merquei unha pouca de roupa, a máis imprescindible, e volvín a viaxar ata Zaragoza.
-En Zaragoza, xa me sentía máis segura. Visitei a Pilarica e recei, recei e chorei diante da Virxe e pedinlle que me gardara del, e que nunca me atopara.
Rita deu un suspiro moi fondo e dixo: ¡Isto é todo contado así polo miúdo, pero que o podo resumir en poucas palabras como!: “¡Horrorosa a miña estancia en Barcelona; dende que me quedei a vivir con aquel home!...”
Saúl non dixo nada e continuo cos cóbados apoiados na mesa e as mans suxeitando a mandíbula.
Rita miraba para el como pedíndolle a súa opinión. Miráballo fixamente e parecíalle un mozo guapo, considerábase unha muller que non era racista pero dáballe un “non sei qué” estar na súa casa acompañada dun home negro.
Notaba nela unha sensación diferente a outras veces que se encontraba soa cun home. Mirou o reloxo dixital que tiña na cociña que marcaba as 04:22 horas. Facía algo de calor, levantouse e abriu a fiestra. Un refacho de vento fresco inundou o compartimento e os dous quedaron satisfeitos co aquel frescor.
Rita agradeceu o silencio de Saúl e somerxeuse de novo nos seus pensamentos, e preguntas a ela mesma referidas, claro está, a decisión que tomaría neses intres con relación a Saúl. Por iso preguntábase: “Se neste momento Saúl me dixera que se marchaba, ¿cal sería a miña reacción?. Quixera que fose el o primeiro en decidirse, fose cal fose a decisión. Por outra banda tiña moi claro que cando cheguei a este pobo de O Rosal, foi coa firme resolución de vivir soa. Non estaba preparada para convivir con outro home.
Tiña a situación económica bastante resolta e non quería complicarme a vida, pero agora, neste intre nun sabía que facer. Certo é que Saúl aínda non me ataba nada. O pasar unha noite cun home non significa que hipoteques o resto da túa vida nin tan sequera te podías sentir atada en nada.
De súpeto Saúl, púxose de pe e dixo: -¡Téñome que ir, non quero molestarte máis!.¡Gustaríame volver a estar contigo e continuar falando!.¿Aínda me faltan varios días para irme para o mar, así que si te queres podemos volvernos a encontrar?.
Esa petición calmada feita con unhas palabras pausadas e acompañadas dunha mirada tenra, deixou a Rita sen saber que dicirlle. So se lle ocorreu contestarlle algo como:
-¿Pero onde vas a ir a estas horas se non sabes nin camiño nin carreiro? ¡Aínda se estivera amañecendo, pero faltan un par de horas boas para que podas mirar coa luz do día!.
-¡Tes toda razón! –dixo Saúl- ¿Pero aquí non podo quedarme a non ser que ti o permitas?.
Esta última palabra “permitas” entroulle a Rita como se fose unha súplica feita por alguén que a necesitaba, pero que ela tiña que contestar axiña, quería continuar unha conversa fluída, pensando o que dicía, pero sen ter que pararse a analizar cada palabra que ía a dicir. Así que con voz firme dixo:
-¡Ben, Saúl, quixera deixarte que durmiras aquí, que logo cando espertaras, colleras o camiño de volta e eu quedarme soa e tranquila!. – Aínda non acabara de dicir a última palabra xa se dera conta de que iso non era o que ela quería- Por iso sen deixarlle falar a Saúl, continuo dicindo:
-Soa, sei que podo quedar, pero a tranquilidade xa non sei como conseguila. ¡Hai poucos días que o estou pasando fatal outra vez!. Ese home do que te acabo de contar, volveu a intentar entrar na miña vida e presinto que quer facerme dano de novo.
-¿Pero entón non me contaste todo?, -preguntou Saúl,- ¿Como pode ser que ese home saiba que estás aquí?
-Si que cho contei todo. Ese home é moi listo. Seguro que aproveitouse de algo e localizou o meu número de teléfono, aínda que penso que non saiba onde estou.
-¡A ver, muller, conta!-
-Cando estiven en Zaragoza despois de escapar de Barcelona, merquei un teléfono móbil deses que se cargan en calquera sitio e non se pasa ningún cargo ao banco, polo tanto ninguén sabe de quen é ese teléfono. O caso é que fai uns días recibín unha chamada de ese home, dicíndome que me tiña localizada e que pronto estaría cerca de mín. Non sei como puido conseguir o número deste teléfono. O que teño seguro é que esta dirección onde vivo agora non lla dei a ninguén, nin tan sequera o banco a sabe.
-¡Tranquila Rita!, eu penso que ese home non sabe onde vives, por moito que te chame nada te pode facer, so molestarte coas chamadas, pero iso tamén ten xeito de arranxalo. Dar de baixo o teléfono e quedarías liberada, penso eu, pero haberá xente que te informe mellor.
-¡Non sei Saúl!, ¡séntome tan desprotexida e tan ameazada que daría calquera cousa por ter claro o meu futuro máis próximo!.
-¡ Podes contar comigo, o menos nestes días que estarei en terra, logo cando estea navegando pouco poderei axudarte!.
Marta, tiña diante dela a un home que non coñecía de nada, que se atopou con el como te atopas cun can sen amo, pero que a primeira ollada dáste conta de que ese can necesita agarimo. Apenas unhas horas antes Saúl non existía na súa vida, mentres que agora, inspiráballe tanta confianza que estaba a punto de dicirlle que se quedara con ela, que se esquecera do barco e que os dous xuntos formaran unha vida onde ela podía sentirse máis segura, e el, o mellor, tamén podía saír gañando.
Unha vez máis Rita estaba entre a espada e a parede, pero agora tiña unha oportunidade de reforzarse e intentar saír adiante daquel pesadelo, daquel temor que tiña nome e apelidos, que vivira cun el un pouco de tempo pero que a deixou moi tocada e se agora non se decidía a dar un paso ao fronte podía volver a mirarse feita unha muller que so esta neste mundo para sufrir. Tiña que ser valente e intentar subir a o tren que naquel momento pasaba por diante dela. Todos estes pensamentos pasaban pola súa cabeza instantaneamente atropelándose uns cos outros, aínda que ela trataba de poñelos en orden. Respiraba profundo e dicíase a se mesma: ¡Teño que cambiar!, ¡teño que tirar pa diante!, ¡Teño que coller o touro polos cornos e demostrarme a min mesma que podo loitar pola miña felicidade e non permitir unha vez máis todo canto permitín antes!.
Decididamente, e de súpeto, díxolle a Saúl: ¿porque non che quedas comigo uns días para coñecernos un pouco máis?
Saúl, abriu os ollos de espanto sen dar crédito ao que acababa de escoitar
-¡Por min non hai inconveniente algún!. Tratarei de corresponderte e intentarei con todas as miñas forzas de que non te arrepintas do paso que acabas de dar!.
Rita acercouse a Saúl, estirou a súa man demandando un choque de mans que certificara aquel pacto.
Os dous tremían cando as mans se xuntaron e encaixaron unha na outra quedando as dúas apertadas. As miradas estaban cravadas tamén unha na outra. Un sorriso por parte dos dous saíu espontáneo e así mirándose e sorríndose estiveron un pouco de tempo ata que Saúl, sen soltarlle a man foina arrimando a el ata que os dous abrazáronse fortemente como preludio do que veo despois.
Os seguintes días, Rita e Saúl estiveron facendo plans para o futuro. Rita encontrábase a gusto co seu compañeiro, e intentaba convencelo de que deixase de navegar e quedase con ela. Nun momento dado prometeulle que os dous viaxarían a Cabo Verde e que logo alí decidirían quedarse ou virían a O Rosal, ou a calquera outra parte.Os medios económicos de Rita eran moi altos, aínda que iso era un secreto para Saúl, pois Rita, nunca quixo dicirlle a ninguén que aquela tarde en Barcelona había cuberto un boleto da Lotería Primitiva que saíu premiado como único acertante con máis de doce millóns de euros (Ese foi aquel “suceso tan importante” que lle aconteceu a Rita en Barcelona no día trinta e cinco da vida co aquel home).
Un mes despois de estar a vivir con Saúl, saíron para Portugal coa intención de viaxar a Cabo Verde.
Rita iniciaba esa nova andadura plenamente convencida de que nunca máis se deixaría asoballar por ningún home e trataría de axudar a outras mulleres que, como ela, son vítimas da violencia de xénero.
Fin.
ANSELMO MARTÍNEZ PENA
Gañador do I Certame de Relato Curto do Concello do Rosal
Novembro, 2008