Oliver Martínez, o "showman" rosaleiro

Quedamos con Oliver recentemente na Praza do Calvario para realizarlle esta pequena entrevista e coñecelo un pouco máis. Así nos conta que emigrou cando era moi novo a Suiza e alí estivo uns 15 anos ata que decidiu por diversos motivos regresar a Galicia, regresar a O Rosal. Realmente este ro-
saleiro é un home polifacético, pois xa de rapaz comeza a traballar en centros médicos, na sección de radioloxía, en empresas de ambulancias desa localidade ou aínda como operador de helicópteros do grupo internacional de servizos aéreos "INAER" con sede en Mutxamel, Alicante. Estes días volveu a meterse no papel de "showman" actuando no pub Azzaro da Ramallosa (Nigrán).

-¿Que tal por Suiza, cales foron as túas experiencias por esas terras?
Suiza foi a miña vida, a miña infancia. Foi o me­llorciño que me pasou. Alí comecei en primaria, facendo “sketchs” e había opcións no Instituto na rama de interpretación, así que aí se iniciou todo. Ademais ao vivir alá falo algúns idiomas, aparte do inglés (que é a miña conta pendente) pero cos que sei... eu penso que non morro de fame.



-¿Como comezaches no mundo da televisión?
Pois a miña primeira incursión televisiva foi como concursante en setembro de 2004 en “Arrampla con todo” da Televisión Galega, programa presentado por María Soler e David Noya. Nese mesmo ano fixen un cameo na serie “Pepe O Inglés”, protagonizado por Miguel de Lira.



-Lembramos que participaches no Supermartes ¿non si?
Pois si, cheguei á final, gañei preto de 3000 euros que non estivo nada mal… e unha vaporetta que a miña nai se empeña en chamar aspirador. Eu sempre lle digo: ¡chámaa vaporetta, senón non te limpa! Pero bueno, aparte dos premios, gardo amizade con María Castro (Platos combinados, Sin tetas no hay paraíso), David Amor, Paula Pérez de Gran Hermano, etc.



-Temos entendido que despois destas experiencias metícheste a fondo no mundo da interpretación…
Si, volvín a facer cameos na serie “Pepe O Inglés” durante trece capítulos e un ano despois, alá por 2006 quedaron contentos comigo e volvéronme a chamar e actuei tamén ata o capítulo 21, este foi o meu primeiro contrato profesional como actor. Nese ano mesmo participei no “Show dos Tonechos” con Víctor Fábregas e Roberto Vilar. A partir de aquí comezaron a surxirme oportunidades e gravei varios spots publicitarios para “OFI precios” ou aínda un para ACS-Dragados, compañía do expresidente do Real Madrid, Florentino Pérez.


-Ou sexa que podemos dicir que traballaches para Florentino…
(Risas) si, si. A verdade é que cando o penso…. Abriume moitas portas, xa que despois desta gravación chamáronme para o spot da promoción do “Camiño de Santiago. Xacobeo-Turgalicia 2007”, que saíu durante dous anos a nivel nacional.

-Unhas das actuacións que máis lembra a xente é o teu paso polo programa de cámara oculta “Arre Demo” e por suposto a túa participación en “Buscando Estrelas” da TVG.
Pode ser… a verdade é que eran unhas risas coa cámara oculta, fixen bastantes programas “meténdome” coa xente (sempre de bo rollo). En “Buscando Estrelas” representei á comarca do Baixo Miño e quedei cuarto na categoría de humor… e non éramos cuatro eh, que houbo 300 persoas no casting (risas). Tiven a sorte de coñecer aquí a moitos artistas como Tacho González, Susana Seivane, Beatriz Manjón, Marlene Morreau, Teté Delgado, Sergio Pazos, Manuel Manquiña…


-Un dos teus últimos proxectos chámase “Alto Caballaje”. Explícanos un pouquiño en que consiste.
Pois é un documental de 45 minutos que presento e dirixo para achegar á xente un pouco esa outra visión que non se coñece tanto sobre certos vehículos de luxo. Teño a sorte de que o padriño deste proxecto é o coñecido ciclista de Mos e gañador dun Tour de Francia, Óscar Pereiro.


-Algún proxecto de futuro... ¿algo á vista?
Fai pouco estiven en Madrid no concurso "La Lista" de TVE con Carlos Sobera e na actualidade, a parte de facer cousas pola miña conta, estou traballando na formación dun dúo humorístico con Xosé Manuel Campos, máis coñecido por “Campos”, do Irixo (Carballiño) que foi o gañador do concurso Buscando Estrelas da TVG. Fixemos unha pequena maqueta-proxecto que chamamos "2x1 en vivo”. A ver se temos sorte e resulta.

A OUTRA ENTREVISTA

Agora ímoste formular unhas preguntiñas breves... máis persoais. Responde axiña... velaquí van:
-Unha bebida
Auga, pero sen gas... que con gas xa se sabe.
-Unha comida
Guiso de calamares con arroz. Eu son así de raro.
-Un libro
As mil e unha posturas do Kamasutra. Intentei facelas todas, pero aca­bei no traumatólogo...

-Unha película
De risa e de acción, e se están mesturadas, mellor.
-Un lugar para desconectar
A cova de Bin Laden. Alí non hai cobertura.
-Que levarías a unha illa deserta
Un helicóptero… e unha piloto... para poder marchar se nos aburrimos.
-Unha cor
O pistacho, porque en caso de fame, cómoo.
-Un sono cumprido
Traballar na televisión como actor e nunha empresa de helicópteros. Que é o que sempre quixen facer dende “anano”.
-Un sono por cumprir
Poder ter de novo á miña filla comigo e por que non que un novo amor cha­me á porta, e que pete forte que o timbre non funciona. ¡Dichoso electricista! (risas).
-Un refrán que apliques á vida
O futuro pertence ás persoas que loitan polos seus sonos e os converten en realidade.

Programa da Feira de San Gregorio 2009

FEIRA DE SAN GREGORIO. AVOGADO DA CABEZA E O ESTÓMAGO
PÍAS - SAN MIGUEL DE TABAGÓN - O ROSAL
Días 14 e 15 de marzo de 2009
-Exposición sobre Cerámica "As Cachadas". Material fotográfico e documental.
-Exposición encaixe de palillos e palillada.
-Exposición e venda de antigüidades.
IV FEIRA DE ARTESANÍA
Actos relixiosos na Capela de San Gregorio:
·Sábado ás 20:15 horas: Misa rezada.
·Domingo ás 10 da mañá, Misa rezada e ás 12 horas, Misa solemne con Sermón e Procesión acompañada polo grupo de gaitas A Boalleira.
PROGRAMA DE FESTAS E ACTUACIÓNS
SÁBADO 14 DE MARZO
-O grupo de Gaitas A Boalleira percorrerá as rúas do pobo.
-A partir das 17 horas, actuación do mago Javier Muro e o Teatro Ksiloco.
-Actuará tamén o dúo humorístico rosaleiro "Os Campelos".
-Pola tarde/noite, Victoriano de Saladina fará unha das súas famosas queimadas que poderá ser degustada por todos os asistentes.
-Apertura da Cantina coa degustación de viños das adegas do Rosal, acompañados de queixo, chourizos, empanadas e venda da tradicional "Rosca de Roxóns" na súa XII edición.
-Amenizará a Feira a charanga "Os da Orde".
DOMINGO 15 DE MARZO
-Polbo á feira todo o día a cargo dun polbeiro do Carballiño (Ourense).
-Pola mañá actuará o grupo de gaitas A Boalleira.
-A partir das 11 da mañá e ata as 15 horas actuará o grupo Airiños do Tamuxe.
-Actuación a partir das 18 horas do grupo de panderetas da Guarda, Xamaraina.
-Ás 19:30 horas actuación do grupo de música folk de Tui: "Meigallo", da Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe - Tui.