XVIII Feira do Viño do Rosal

1.- GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA FEIRA DO VIÑO 2010

O guardés Miguel Rodríguez Amenedo gaña o concurso de carteis da XVIII Feira do Viño do Rosal.

A XVIII Feira do Viño do Rosal, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de xullo na Praza do Calvario, e que reúne á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal, xa ten cartel anunciador logo de que o xurado convocado ao efecto elixise para anunciar este evento o cartel presentado polo deseñador guardés Miguel Rodríguez Amenedo.

A Feira, que está consolidada, recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén disfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

2.- INAUGURACIÓN DA FEIRA

A mesma levarase a cabo o venres 16, ás 20:00 horas, no recinto feiral. A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas D. Agustín hernández Fernández de Rojas.


3.- ORZAMENTO FEIRA

Sobrepasou os 49.000€ na pasada edición.

Gastos principais: publicidade, iluminación e son, decoración, persoal, stands e carpas, ambientación musical...

Ingresos: achega do concello e subvencións de varias institucións (Consello Regulador, Deputación Provincial, Consellería de Medio Rural, Dirección Xeral de Turismo e Cámara de Comercio de Tui) e venda de cataviños.

4.- DISPOSICIÓN DO RECINTO FEIRAL

Na Praza:
Stands: entre 11 adegas, 1 de produtos vexetais e o Consello Regulador
Carpas: produtos gastronómicos (polbo, carne ó caldeiro, empanada, postres caseiros, embutidos...)

No centro da praza: Información e venda de cataviños

5.- AMBIENTACIÓN MUSICAL

Venres, a partir das 22:00: Charanga Nova Cubana
Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga Apeles
Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga Vaite Xa

6.- SERVIZO GRATUÍTO DE TRANSPORTE

Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuíto de transporte entre A Guarda e O Rosal con saída da Guarda a partir das 21:30 horas o venres e a partir das 19:30 o sábado e o domingo; os autobuses sairán “ás medias” da Guarda e a “en punto” do Rosal ata as 2:00 da mañá, agás o domingo que rematará ás 00:00 horas.

7.- STANDS PREVISTOS

1. Pedregales
2. Aldea de Abaixo
3. Quinta Couselo
4. Lar do Vieira
5. Santiago Ruiz
6. Lagar de Fornelos
7. Valmiñor
8. Terras Gauda
9. A Rosaleira; produtos vexetais envasados.
10. Consello Regulador
11. Remesal
12. Ruta do Viño Rías Baixas

8.- PRODUTOS GASTRONÓMICOS PREVISTOS

1. Restaurante Xantar
2. Restaurante Xeito
3. Restaurante O Cangrexal
4. Restaurante O Roxo
5. Mundo Albariño
6. María Teresa Piñeiro Romero
7. Sebastián Guerreiro Carnero
8. Restaurante “A Granxa”

PROGRAMA DA FEIRA 2010

Venres, 16 de xullo

20:00 Inauguración a cargo do Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández Fernández de Rojas.

20:30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22:00 Actuación da Charanga Nova Cubana

Sábado, 17 de xullo

10.00 Curso de cata na extensión agraria.

11:00 Apertura do recinto feiral

20:00 Actuación da Charanga Apeles

Domingo, 18 de xullo

11:00 apertura do recinto feiral

20:00 Actuación da Charanga Vaite Xa

24:00 Clausura da Feira


9.- ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

A - Exposicións Culturais do 16 ó 25 de xullo

Do 16 ó 25 de xullo EXPOSICIÓNS CULTURAIS:
• Exposición de Cadros pintados en cerámica (César Táboas Franco)
• Exposición de Esculturas de Cerámica (Rogelio Fortes Alonso)

B – Exposición Filatélica do 16 ó 18 de xullo

Do 16 ó 18 de xullo XVII Exposición FILATÉLICA a cargo do Grupo Filatélico e Numismático VAL DE O ROSAL. O Grupo Filatélico, igual que nas demais edicións, realizou un cuño especial conmemorativo do evento. Este cuño estamparase na correspondencia que saia do Rosal durante os días da Feira.